Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela subiu ao podio en cinco ocasións na primeira regata da Liga de Bateis

RR_Noticias

A proba disputouse en augas da antiga ETEA, en Teis, e o club redondelán proclamouse campión na categoría absoluta masculina. Foi prata na xuvenil feminina e bronce na promesa e absoluta feminina e na xuvenil masculina.

Moi repartidas as vitorias na primeira regata da liga de bateis 2016 que se celebrou en augas da ría de Vigo, en Teis. Proclamáronse campións os clubs Vilaxoán en infantil e cadete masculino; Samertolaméu, promesa feminino; Vila de Cangas, xuvenil feminino; Tirán, absoluto feminino, e Mecos en xuvenil masculino. A regata disputouse con numerosa participación, como se esperaba, e con moito público, nunha gran festa do remo cunha tarde solleira e de mar en calma. O Club Remo Virxe da Guía foi o organizador co Trofeo Taysunave e, de forma simultánea, o II Memorial Marcelino Barciela “Lini”.
Resultados: Promesa feminino: 1. Samertolaméu, 5.11:64; 2. Tirán, 5.14:21; 3. Chapela, 5.14:33. Xuvenil feminino: 1. Vila Cangas, 10.33:17; 2. Chapela, 10.37:20; 3. Tirán, 11.32:83. Absoluto feminino: 1. Tirán, 10.31:21; 2. Coruxo, 10.40:91; 3. Chapela, 10.41:99. Infantil masculino: 1. Vilaxoán, 5.09:53; 2. Mecos, 5.10:08; 3. Robaleira, 5.22:88. Cadete masculino: 1. Vilaxoán, 7.19:73; 2. Amegrove, 7.21:24; 3. Samertolaméu, 7.23:06. Xuvenil masculino: 1. Mecos, 9.38:81; 2. Samertolaméu, 9.43:59; 3. Chapela, 9.49:43. Absoluto masculino: 1. Chapela, 9.25:23; 2. Mecos, 9.29:55; 3. Vilaxoán, 9.29:66.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará