O director deste departamento, Roberto Rodríguez, visitou onte Redondela para coñecer o estado no que se atopan os lugares anegados hai case dúas semanas logo do desbordamento do río Maceira. Amosou o seu apoio ao concello e lembrou que persoal dependente do departamento autonómico está limpando desde a semana pasada os materiais arrastrados. Ademais, mostrou a súa disposición a analizar outras solucións e proxectar novas actuacións que teñan como obxectivo paliar os efectos dos episodios de choiva intensa.
O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, desprazouse, xunto co alcalde, Javier Bas, ata os lugares afectados, onde reiterou o ofrecemento de apoio e colaboración por parte da administración autonómica.
Ao respecto, recordou que persoal dependente do departamento autonómico está limpando desde a semana pasada os materiais arrastrados. Ademais, mostrou a súa disposición a analizar outras solucións e proxectar novas actuacións que teñan como obxectivo paliar os efectos dos episodios de choiva intensa.
Unha das medidas que teñen previsto acometer é o dragado da canle do río na zona urbana do Salgueiral co boxecto de diminuír o risco das inundacións e reducir as súas consecuencias negativas, especialmente naquelas áreas identificadas con maior risco.
Neste sentido, recordou que o Goberno galego conta cun Plan de Xestión de Risco de Inundacións na demarcación Galicia-Costa, unha folla de ruta que se estenderá ata o ano 2021 e na que se inclúe a Redondela como zona inundable.