Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un convenio coa Filomena Rivero permitirá a organización de actividades formativas e culturais

RR_Noticias

O Concello de Redondela ven de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Filomena Rivero para a realización de actividades de tempo libre coma marchas ou campamentos. Mediante este convenio a Fundación tamén organizará no Concello cursos, conferencias, exposicións e levará a cabo actividades formativas, educativas, culturais ou sociais dirixidas a todos os públicos aínda que especialmente centrarase nos máis novos que non conten con recursos económicos para a súa promoción persoal.

O convenio está xa en vigor e prolongarase ata finais do presente ano. A Fundación realizará un desembolso de 1.200 euros para sufragar os gastos necesarios para o desenvolvemento destas actividades.
“A Fundación Filomena Rivero Alonso xa leva tempo colaborando co Concello na área cultural e educativa con resultados moi satisfactorios. Agora esta colaboración materalízase nun convenio de colaboración que esperamos ir repetindo e incrementando cada ano” asegurou o alcalde, Javier Bas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará