Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga F.S. apura a recta final da liga para engancharse aos postos de cabeza

RR_Noticias

Logo de encadear dúas vitorias consecutivas, os de Chapela ocupan a sexta praza da Liga Galega Sur, empatados co quinto clasificado, A Quinta de Tui. O sábado reciben ao Verín, unha final para os redondeláns que queren sumar de tres en tres para volver á cabeza da táboa.

Nas dúas últimas xornadas o Arealonga puxo fin a unha racha negativa de resultados, marcados polas baixas de xogadores importantes para o equipo. O presidente e xogador, Iván Vázquez, sinala que unha vez “reestruturado” o cadro volveron ser “competitivos”. Proba diso son as dúas vitorias consecutivas sobre Abetos e Mondariz. Agora o obxectivo é continuar “na mesma senda”, traballando ben nos adestramentos para escalar posicións nesta recta final da liga. Quedan por diante oito xornadas, moitas delas con enfrontamentos directos entre os equipos da metade alta da táboa, e o obxectivo do Arealonga é rematar “o máis arriba posible”. O próxima rival será o Verín, décimo na táboa. Os de Chapela son favoritos pero Vázquez non se fía, xa que malia que os ourensáns teñen o “hándicap”dun longo desprazamento, son un equipo “novo e moi rápido”. A cita será o sábado ás 18.30 horas no pavillón municipal de Chapela, e o Arealonga confía en contar co apoio da súa afección para sumar os tres puntos en xogo.  

Iván Vázquez presidente do club
O equipo acadou dúas vitorias consecutivas importantes para engancharse de novo á parte alta da táboa.
Recta final
O equipo está a recuperar as boas sensacións para a recta final da liga.
Arealonga-Verín
O sábado reciben en Chapela ao Verín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará