A rúa permaneceu cortada durante aproximadamente unha hora (dende as 12:45 horas da mañá de hoxe) logo de que se detectara unha fuga de gas procedente do local do antigo Zeus. Unha vez que técnicos da empresa Gas Natural procederon a pechar o subministro xeral e comprobado que non existía risco para os veciños e usuarios, a concellería de interior decidiu restaurar a normalizade nesta céntrica rúa de Redondela.
Os feitos producíanse pasadas as 12:30 horas cando os propietarios do inmoble estaban procedendo a baleirar o seu interior. Cando os operarios encargados da reforma comezaron a desmontar o contador de gas, e malia que o servizo de subministro estaba dado de baixa, produciuse unha fuga que obrigou a chamar aos servizos de emerxencias por precaución.
Desprazáronse ao lugar efectivos da policía local e o Grumir de Redondela así como o propio concelleiro de Interior, Arturo González, e decidiuse pechar a rúa, tanto a peóns como a tráfico rodado, ata estabilizar a situación e garantir a seguridade.
A situación normalizouse unha vez técnicos de Gas Natural procederon a pechar a chave que subministra a esta zona para, a continución, substituir a chave do propio local para así poder pechar o subministro individualmente.
As dúas da tarde a stiuación estába xa normalizada e o tráfico restablecido.