Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A aventura de chegar a Cedeira

RR_Noticias

Os traballos de construción da nova rotonda na N-552 obrigaron hai días a pechar ao tráfico o acceso a Cedeira polo barrio do Cruceiro. As rutas alternativas, por camiños estreitos, convértense nun verdadeiro “caos” para os condutores, sobre todo no horario de saída e entrada ao colexio público da parroquia, cando os turismos coinciden co transporte escolar.

A coincidencia do transporte escolar cos vehículos dos pais e nais que se desprazan para levar ou recoller aos seus fillos “colapsa” os estreitos camiños da parroquia. A situación obriga aos condutores a facer complicadas manobras e soportar atascos, tanto ás 9.00 horas como ás 14.00 horas. Sara, unha das nais que sofre este “caos” a diario, lamenta a situación e critica que o corte de tráfico non se fixera durante as vacacións escolares, para evitar os prexuízos a pais de alumnos e veciños. Tamén avós como Juan, que acode ao centro a recoller aos seus netos, fala con resignación do problema. Entende que as obras son necesarias e que beneficiarán á parroquia, pero lamenta que a Policía Local non teñan unha maior presenza nos horarios de entrada e saída do centro “para axilizar o tráfico”. Para as mestras do centro, a hora crítica é entre as 8:45 e as 9:00 horas, xa que coincida a saída dos autobuses coa chegada dos pais. As docentes, Eva e Ana, entenden que se crean situacións de “perigo”, e que o tráfico debería regularse doutra maneira para minimizar riscos. Un dos condutores do transporte escolar, Pepe, recoñece “os problemas e o caos” que se xera nas inmediacións do CEIP Cedeira, que combate con grandes doses de “paciencia”. Está previsto que o acceso principal á parroquia de Cedeira desde a estrada N-552 se abra de novo á circulación a finais da próxima semana. A rúa está pechada desde o pasado 29 de febreiro por mor das obras da nova rotonda que se constrúe para facilitar o acceso ao supermercado da firma Mercadona que se constrúe na zona. Con todo, algúns condutores dubidan que a glorieta vaia mellorar a circulación, e lamentan que a circulación entre Redondela e Vigo non se realice a través dun túnel, como estaba previsto. O elevado custe de soterrar a vía semella ser a causa de que a idea se desbotara, e agora terá que confluír na mesma rotonda o tráfico do centro comercial, o da parroquia de Cedeira e o que circule entre Redondela e Vigo. Os traballos desenvolvidos na zona supoñen un investimento de 2,8 millóns de euros.    

Sara nai dun alumno
Lamenta que as obras non se fixeran durante as vacacións escolares.
Escasa presenza policial
Juan está resignado coas obras pero demanda máis persenza policial para regular o tráfico.
Transporte escolar
Pepe que é un dos condutores do transporte escolar recoñece que existe certo caos no horario de saída e entrada dos nenos.
Ana e Eva mestras do centro
As docentes sinalan que minutos antes da entrada no centro danse situación de risco no tráfico.
Nova rotonda
Condutores como Pepe lamentan que non se constrúa un túnel para o tráfico que circula entre Redondela e Vigo para mellorar a circulación na zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará