Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito recupera o liderado

RR_Noticias

O equipo de Chapela volve situarse na cabeza da clasificación na autonómica sur logo dunha avultada vitoria na casa do Bar Praza/Garciaaraujo. 2-11 foi o resultado dun partido no que os xogadores do Campito non deron opción ao rival. Desigual sorte para os outros dous equipos que militan nesta categoría do fútbol sala, con reparto de puntos entre o Redondela e o Abetos Gondomar e derrota do Arealonga quen, malia xogar na casa, caía por 1-5 ante o Verin Futsal.

O Campito segue loitando por ser líder da categoría e esta fin de semana deu un golpe na mesa na súa visita ao campo do García Araujo ao gañar o encontro por 2-11. Unha vitoria que lle serve para recuperar o liderado. Superan nun punto aos seus rivais máis inmediatos, diferenza que poderían agrandar na xornada de mañá na que se xogará un interesante derbi no pavillón de Chapela. Os xogadores do Campito afrontan un partido aprazado correspondente á xornada vinte e que os enfrontará ao Redondela. Será mañá martes ás 23:15 horas no pavillón de Chapela.
O Redondela FS chega a este encontro con menos ánimos que o seu rival logo de deixar escapar un punto no partido disputado o pasado sábado. Empataban a 3 tantos co Abetos Gondomar. Ademais do derbi de mañá xogarán tamén o sábado 19 no polideportivo de Gondomar co Cereixa.
Con todo, o peor parado da xornada foi o Arealonga. Xogar como locatarios non impediu que perderan o encontro ante o Verín Futsal. 1-5 resultado final que relega ao Arealonga a sexta praza da categoría. Situación que poderían mellorar o vindeiro sábado, data na que visitarán o campo do pechacancelas, o Lois Marcón.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará