Os pupilos de Fran Teixiera impuxéronse ao Granitos, o que sumado á derrota do Calvo Xiria deixa aos de Chapela na cabeza da táboa. A SAR Plastic Omnium tamén asinou un triunfo en Poio, na pista do pechacancelas do grupo.
Primeira Nacional
Granitos 21- 24 Construcións Castro Chapela
Liderado en solitario para os de Teixeira, que manteñen o obxectivo de clasificarse para a fase de ascenso. Na próxima xornada reciben ao Ártabro, situado no pozo da clasificación.
Poio Artai 21-28 SAR Plastic Omnium
Importante vitoria para a Sar Plastic Omnium na súa visita onte ao Poio Artai. Os de Carlos Rey mantéñense no ecuador da táboa, e a próxima xornada terán que enfrontarse a un duro rival. Reciben ao Atl. Novás, terceiro do grupo.
División de Honra Prata Feminina
SAR Rodavigo 24-33 Carballal
As pupilas de “Chini” non foron quen de seguir o ritmo do Carballal, que segue moi forte esta temporada en postos de cabeza. A SAR, na oitava praza, terá tamén unha saída moi complicada esta fin de semana, visitan a pista do líder, o BM. Mavi.
Xixón-Rodosa Chapela- partido aprazado, disputarase o 9 de abril.
A próxima xornada reciben ao Zonzamas, situado un posto por riba das de Chapela.