Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana Miranda: A UE aplica un acordo ilegal, inseguro e inmoral ante a crise humanitaria dos refuxiados

RR_Noticias

O acordo asinado bilateralmente entre a Unión Europea e Turquía e que xa comezou a aplicarse esta semana contempla a deportación a Turquía de todos os inmigrantes que cheguen a Unión Europea a cambio de que os Estados membros reubiquen nos países da Unión a un número equivalente de refuxiados xa en Turquía. “un troco de persoas que é ilegal, inseguro e, sobre todo, inmoral”. Así o explicaba a voceira do BNG no parlamento europeo Ana Miranda, no transcurso dunha charla celebrada na tarde de onte na Casa da Cultura de Redondela.

Con este acordo Europa amosa a súa incapacidade e a falta de políticas eficaces para abordar a crise humanitaria. “Logo de seis meses Europa aínda non fixo nada por resolver o problema coa axilización dun sistema de asilo que xa existe ou a posta en marcha de vías seguras e humanitarias de pasaxe que permitan aos refuxiados desprazarse e evitar o seu control por parte das mafias, pola contra o único que se están acometendo son políticas represivas” denuncia a voceira do Bloque. Políticas de dubidosa legalidade como o acordo con Turquía que se está a aplicar xa a unhas persoas que fuxen dunha guerra e que son usadas como moeda de cambio. Un acordo que supón que Turquía reciba diferentes prevendas (algunhas delas económicas, como os máis de 3.000 millóns de euros que lles reportará a Unión). A cambio Turquía -un país que dificilmente pode considerarse un país seguro para eses refuxiados- comprométese a facerse cargo de todas as persoas que cheguen a Europa fuxindo de Siria, Irak, Afganistán oo Eritrea, catro países en permanente estado de guerra. Pola súa banda, os estados membros comprométense a realoxar a un refuxiado que xa estea regularizado en Turquía. “Unha vergonza para toda Europa que se nega a dar acollida a unhas persoas que o único que buscan é salvar a vida”. Ana Miranda visitaba recentemente un dos campos de refuxiados que aínda funcionan en Europa, o de Calais en Francia, e nos que os acollidos atópanse en situación extremadamente precaria, sen control sanitario e en barracóns sen as mínimas garantías de habitabilidade. A eurodeputada do BNG arrancaba esta charla lembrando os atentados de Bruxelas xa que, por cousas do destino, ela debía ter aterrado no aeroporto de Zavetem na hora na que sucederon os atentados e que non foi así precisamente porque pospuxo o seu billete para poder participar no acto organizado por Galiza Nova en Redondela.  

Ana Miranda portavoz en Europa do BNG
Un acordo o asinado en Europa co respecto aos refuxiados que cualifica de inmoral
Vías seguras de pasaxe
É o único xeito de actuar ante a chegada a Europa dos refuxiados
Crise humanitaria
Chegan buscando salvar a vida
Atentados en Bruxelas
Non caer na xenofobia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará