Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para participar na Festa do Choco

RR_Noticias

Os restaurantes e postos interesados en ofrecer os seu produtos na Carpa das Festas do Choco que se instalará no Campo da feira os días 7 e 8 de maio co gallo da XXX edición da cita gastronómica, deberán presentar unha solicitude antes do 10 de abril. As solicitudes poden presentarse tanto na sede da Asociación de Empresarios como no rexistro xeral do Concello.

O Concello de Redondela e Asociación de Empresarios, entidades organizadoras da Festa Gastronómica do Choco, xa teñen aberto o prazo de presentación de solicitudes para aqueles restaurantes e postos que queiran formar parte da Festa que se celebrará os vindeiros 7 e 8 de maio. Os formularios están dispoñibles na sede da Asociación de Empresarios de Redondela e nas webs www.empresasredondela.com e http://www.redondela-server.net/ e unha ver cubertos deben presentarse na sede da Asociación na rúa José Regojo, 2-1ºB, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00-14:00h ou a través do enderezo electrónico aer@empresasredondela.com.
Este ano 2016 será unha data especial para esta celebración así como para a propia Asociación de Empresarios por conmemorarse o 30 aniversario de ambas xa que foi no seo Asociación no que naceu a idea de realizar esta festa para a exaltación do Choco de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará