Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Redondela piden “axilidade” na posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo

RR_Noticias

Hai seis semanas que alcaldes e Xunta alcanzaron un acordo histórico para activar o ente supramunicipal. Os veciños demandan que se poña en marcha “canto antes”, e que os políticos aparquen as súas diferenzas para beneficiar aos veciños en servizos como o transporte, a recollida do lixo ou o abastecemento de auga.

Os representantes dos 14 municipios, entre eles Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, chegaron a un acordo coa Xunta o pasado 22 de febreiro para dar luz verde á Área Metropolitana. Xa o ratificaron o Concello de Vigo, en xunta de goberno, e tamén o de Cangas, nun pleno celebrado o venres. Ao longo deste mes de abril farán o mesmo os 12 concellos restantes, entre eles Redondela, agás o de Moaña, que o levara a pleno a principios de maio. Aquí en Redondela, os veciños urxen aos responsables políticos para que poñan a área en marcha “canto antes”. Entenden que o transporte metropolitano é “fundamental” para favorecer a mobilidade dos habitantes de toda a zona. Pilar vai máis alá e sinala que tamén os servizos sociais, a sanidade e a educación mellorarán, sobre todo nos pequenos municipios con menos recursos. Por iso fai un chamamento aos responsables políticos para que se poña en marcha “xa”. Para Fermín trátase dun avance importante para o sur da provincia, sobre todo no que respecta ao transporte, que será un dos eixos central do novo órgano supramunicipal. Os veciños, como Seijas, demandan que o servizo se coordine ben entre os diferentes concellos para que sexa “áxil e eficaz”. Usuarios como Dori confían en que o transporte metropolitano se traduza tamén en “máis frecuencias”, sobre todo para os veciños de zonas rurais da contorna. A Xunta de Galicia xa colgou no seu Portal de Transparencia o texto do anteproxecto da lei da área Metropolitana de Vigo, que introduce os cambios acordados polos concellos e a Xunta este ano. Entre eles destaca o cambio no sistema de toma de decisións, por voto ponderado, a creación dun comité de coordinación para articular as liñas de transporte de Vigo coa da área, o traspaso gradual de competencias, e a fórmula de financiamento dos servizos públicos de forma que non se incrementen os gastos para os concellos e cubran todo o seu custo sen incrementar o gasto para os concellos.

Pilar veciña de Cedeira
Demanda que os políticos axilicen a posta en marcha da Área Metropolitana para mellorar os servizos aos veciños.
Fermín veciño de Redondela
Para Fermín o transporte será unha das grandes vantaxes da área.
Acordos políticos
Suárez veciño de Chapela culpa aos políticos dos atrasos na área metropolitana.
Transporte no rural
Veciñas como Dori agarda que a área metropolitana sirva para mellorar o transporte público nas parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará