Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia o incumprimento do acordo sobre alimentación infantil en períodos non lectivos

RR_Noticias

Os socialistas esixen ao goberno municipal do PP que se garantan tres comidas ao día aos menores de familias con poucos recursos e lembran que o acordo foi aprobado no pleno do pasado mes de novembro por unanimidade de todos os grupos, incluídos os populares. Unha medida que debería estar en funcionamento no presente curso “sen embargo o goberno local optou por incumprir o acordo e delegar en Cáritas o servizos durante a Semana Santa”.

O PSdeG de Redondela denuncia o incumprimento por parte do goberno local dun acordo plenario que afecta aos máis cativos xa que se trataba de poñer en marcha o Plan de alimentación infantil en períodos non lectivos.
Na moción presentada polos socialistas e aprobada en novembro, o Concello comprometíase a xestionar un Plan de Apoio Permanente á alimentación infantil en períodos non lectivos” que arrancaría neste curso e que debía garantir que as familias con menores ao seu cargo e que se atopasen en situación de necesidade “tiveran cubertas tres comidas completas ao día”. A maiores, de cara a garantir a privacidade dos menores, dito reparto realizaríase no fogar.
“Lonxe de poñer en marcha o acordado no Pleno” explica a socialistas Digna Rivas “atopámonos que o 25 de marzo, o PP anuncia que ante a ausencia do servizo de comedores escolares durante a Semana Santa, o Concello está facilitando, a través de Cáritas, os alimentos necesarios a nove familias do municipio”. Isto supón, engade a edil “un claro incumprimento do acordo plenario adoptado, por unanimidade, catro meses antes”.
Conclúe Rivas asegurando que o concello “non só incumpre unha vez máis o mandato do pleno, que representa a vontade dos veciños e veciñas de Redondela, senón que segue a utilizar a boa vontade e traballo altruísta de ONGs e asociacións para que desenvolvan unha tarefa que o Goberno do PP non ten intención ningunha de levar a cabo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará