Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno solicita á Deputación o arranxo do Campo da Gándara no Viso

RR_Noticias

A corporación municipal aprobou, a petición do partido popular, unha moción na que solicitan que a Deputación de Pontevedra destine unha partida económica para mellorar o estado do terreo de xogo e das instalacións do campo de fútbol do Viso. En concreto pídese que se dote a pista de céspede artificial, se rehabiliten os vestiarios e se mellore a iluminación así como os accesos. A moción, malia contar co apoio de todos os grupos, provocou un intenso debate ao acusar a oposición aos populares de “reclamar actuacións ao organismo provincial agora que está en mans de PSOE e BNG cando foron incapaces de xestionalas en tempos de Louzán”.

Na súa intervención a popular Carmen Amoedo salientou a necesidade de acometer melloras encamiñadas a mellorar o propio terreo de xogo así como a instalación de auga quente, os vestiarios, a iluminación do campo e dos propios accesos a unhas instalacións empregadas polo Club Deportivo de Cesantes e cinco peñas de fútbol veteranas, ademais da escola de Fútbol base do Viso-Cesantes na que hai inscritos un elevado número de nenos. Os nacionalistas lembraron que esta demanda xa pasara polo pleno no ano 2013 cando o BNG trasladara unha petición nacida do propio consello parroquial. Xoán Carlos González criticou aos populares por non ter feito nada nos últimos anos cando gobernaban na deputación e agora urxir a súa reparación inmediata. Unhas criticas que os populares tiveron que escoitar tamén dende a bancada socialista. Leonardo Cabaleiro alertaba ademias do estado de abandono e incluso a perigosidade que as instalacións de A Gándara presentan para os que alí practican deporte. Amoedo negaba que non se tivera feito nada durante o mandato de Louzán ao fronte da Deputación. Aseguraba que había un compromiso por parte do ex presidente do ente provincial para acometer obras de mellora en canto se rematara o actuación en Santa Mariña e engadía que non últimos anos “as máquinas da deputación pasaron por ese campo ata en tres ocasións”. A moción foi aprobada por unanimidade de todos os grupos.  

Carmen Amoedo PP
Reclama melloras para o campo
Xoan Carlos González BNG
O nacionalista lembrou que unha petición semellante xa pasou polo pleno catro anos atras
Leonardo Cabaleiro PSOE
O PSOE criticou tamén que a Deputació nde Louzán non tivera arranxado o campo
Os populares responden ás críticas
Amoedo asegura que si se acometeron arranxos pero que é precisa unha actuación maior

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará