Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto e obradoiro do Grupo de música antiga 1500 para pechar o ciclo Pórtico Sonoro

RR_Noticias

O ciclo de música nas igrexas, Pórtico Sonoro, organizado pola Concellaría de Cultura, pecha este sábado 9 de abril na Igrexa de Cedeira cun concerto de música renacentista. Baixo o título “Amor e danza na Europa das nacións” (unha viaxe musical de ida e volta dende a península ibérica pola Europa do Renacemento), o Grupo 1500 de música antiga ofrecerá un concerto ás 21.00 h na igrexa de Santo André de Cedeira. Previamente, ás 17:00 h, no Centro Cultural de Cedeira, os compoñentes desenvolverán un obradoiro con entrada libre, no que mostrarán a riqueza da música de finais da Idade Media e do Renacemento no ámbito europeo. A entrada é libre e de balde.

Esta actividade, dirixida tanto a públicos iniciados como profanos, propón unha singular maneira de introducirse no mundo da música antiga e dos curiosos e descoñecidos instrumentos cos que esta se interpretaba. Trátase dunha pequena explicación práctica e dinámica onde se poderá ver cales e como son eses estraños e chamativos instrumentos, como soan, quen os constrúe, por que desapareceron, ou que música se facía con eles. Ademais o músico, profesor e investigador, Andrés Díaz, que moderará a actividade, introduciranos na música antiga e na época na que se comezou a facer, e membros do Grupo de Música Antiga 1500, executarán e mostrarán as posibilidades destes instrumentos. O concerto que se desenvolverá na Igrexa de Cedeira arrancará ás 21:00 horas no que o grupo baixo a dirección de Andrés Díaz ofrecerá un repertorio que comprende dende a música composta nos séculos centrais e finais da Idade Media, até a música do Renacemento e primeiro Barroco, tomando como referente central o ano 1500 que dá nome ao grupo. A formación está integrada por: Arquímedes Artal (viola da gamba baixo); Belén Bermejo (voz e organetto); Victor Blanco (guitarra barroca, guitarra renacentista e vihuela); José Ignacio Castro (sacabuche e frautas); Andrés Díaz (frautas, baixonciño alto e vihuela); María Giménez (voz e percusión); e Roberto Santamarina (vihuela de arco e violín barroco).    

Belén Bermejo integrante do Grupo
Un obradoiro para todos os públicos a partir de 7 anos
Repertorio
O concerto leva por título Amor e danza na Europa das nacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará