Os de Chapela non defraudaron aos seus afeccionados e lograron unha vitoria imprescindible para facerse coa categoría. Xogaban ante un dos equipos máis fortes da autonómica sur, o Tui Futsal e a vitoria por 6-4 permítelles recuperar o liderado. Pleno no fútbol sala local con vitorias tamén para o Redondela e o Arealonga.
A tan só catro xornadas para rematar a liga na Autonómica Sur, o Campito ven de recuperar o liderado tras vencer ao equipo que ocupaba a primeira praza da categoría, o Tui Futsal. Partido disputado en Chapela no que os locais lograron a vitoria por 6-4.
Vitoria tamén para o outro equipo da parroquia, o Arealonga FS que malia xogar fora da casa e facelo con outro dos equipo fortes da táboa, A Quinta de Tui, conseguían vencer o encontro por 5-7.
Arealonga e Chapela deberán ademais enfrontarse entre eles na vindeira fin de semana. Derbi polo tanto en Chapela entre o líder e o sétimo clasificado.
Pola súa banda, o Redondela sitúase na novena praza da categoría logo de vencer na súa visita ao campo do bar Praza García Araújo. Os de Redondela, lograban vencer pola mínima nun encontro que remataba co marcado de 3-4. O vindeiro sábado xogan no pavillón novo de A marisma. Recibirán ao quinto da categoría, o Verín, ás 16:15 horas.