Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno no balonmán masculino redondelán con vitorias de Chapela e SAR ante Luceros e Ártabro

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira manteñen o liderado logo dunha traballada vitoria ante o Luceros, mentres que a SAR Plastic Omnium se impuxo sen problemas ao Ártabro cun amplo marcador. Peor sorte no balonmán feminino con derrota dos dous equipos locais na División de Honra Prata.

Balonmán Primeira Nacional
Construcción Castro Chapela 22-18 Luceros
Os de Fran Teixeira seguen a compartir liderado co Xiria, logo da vitoria ante o Luceros, máis traballada e complicada do que cabía agardar. A próxima xornada visitan a pista do Bueu.
SAR Plastic Omnium 34-25 Artabro
Os de Carlos Rey foron moi superiores ao Artabro, que estivo frouxo, tal como reflicte o marcador. A próxima xornada será máis complicada para os redondeláns, xa que xogan na pista do Xiria, co-lider do grupo.
División de Honra Prata Femenino

SAR Rodavigo 21-25 Seis do Nadal
Bo partido das de “Chini”, malia que foron as viguesas as que se levaron os puntos do comarcal para Coia. O sábado xogarán o último partido de liga, e será cun interesante derbi en Chapela, cos dous equipos locais xa coa permanencia asegurada.
Camargo Ferroatlántica 20-14 Rodosa Chapela
As de Lupo cometeron demasiados erros que lles pasaron factura na que foi a súa segunda derrota da fin de semana, logo de perder tamén o sábado ante o BM. Xixón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará