Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Polorri organiza unha festa en Diva con actuacións en directo

RR_Noticias

A Radio Municipal de Redondela comezará a emitir este sábado na medianoite o programa “Radio Polorri. A canción de Xan Carallás” no que semana tras semana as voces de Ana Area e Miguel Borines serán os encargados de guiar aos ouvintes a través da historia da música popular feita en Redondela no últimos cincuenta anos. Para celebrar o inicio das emisións organizan hoxe unha festa concerto a partir das 22:00 horas na Discoteca Diva.

Retroblues, Os Walter Mathaus, Tok, RMS, Sete Cuntas e Tatán serán os encargados de animar esta festa concerto que se celebra esta noite ás dez na discoteca Diva organizada polos promotores do programa radiofónico Radio Polorri: A Canción de Xan Carallás.
Unha actividade previa a primeira das emisión radiofónicas que terá lugar mañá sábado ás doce da noite a través da emisora municipal (94.9). Os programas poderán escoitarse novamente os luns ás dez da noite. Miguel Borines e Ana Area será os encargado de conducir este percorrido pola música local por onde pasarán, nesta primeira tempada, grupos e artistas tan populares como Salomón, Suso Ben, 3bajo Cero, Tok, la Gripe…
Na primeira entrega do programa, os presentadores entrevistarán os tres impulsores desta iniciativa radiofónica: Pedro Pérez, Alfonso Conde (Fon) e Álvaro Gil (Varo). Ademais, falarán con José Ángel Xesteira sobre a orixe dalgunhas das cancións máis populares do municipio. Os podcast poderán escoitarse na páxina web de Radio Redondela (www.radioredondela.com).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará