O equipo redondelán participa esta fin de semana na Pobra no campionato autonómico con catro embarcacións nas categorías Promesa, Xuvenil e Absoluta Feminina e na Xuvenil Masculina. O seu obxectivo é clasificar o máximo posible de barcos para o Campionato de España que se celebra unha semana máis tarde en Teis.
Logo de proclamarse campións no Territorial Sur de Bateis, os días 23 e 24 de abril desprázanse á Proba do Caramiñal para pelexar polo título galego. Farano nas categorías Promesa, Xuvenil e Absoluta Feminina, e na Xuvenil Masculina. O obxectivo do club é clasificar para o Campionto de España a todas as embarcacións, malia que recoñecen que será “difícil”. O presidente do club, Julio Prado, advirte que entre as embarcacións da Liga Territorial Norte haberá rivais duros, como Cabo de Cruz, ademais de Cabana de Ferrol, Pobra ou Rianxo. En canto ao campo de regatas, Prado amósase satisfeito coa localización escollida pola Federación na Pobra do Caramiñal. Trátase dunha zona de abrigo “equilibrada”, onde non existen grandes diferencias nas distintas posicións de saída dos barcos. Mellor aínda é o campo de regatas para a proba estatal, en Teis, moi favorable para os intereses do Club de Remo Chapela. Os redondeláns evitan así longos desprazamentos e gastos, ademais de competir nun entorno co que están moi familiarizados. Este campo de regatas é a súa zona habitual de adestramento durante todo o ano, e coñecen ben o vento e as correntes. O Campionato de España de Bateis celebrarase en augas das instalacións da antiga E.T.E.A. os días 30 de abril e 1 de maio.