Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello convoca 15 prazas de peóns e dúas de capataces para a limpeza das praias

RR_Noticias

O prazo de presentación de solicitudes para poder optar a esta oferta laboral estará aberto ata o mércores 27 de abril. As persoas interesadas deberán presentar as instancias no rexistro xeral do concello. As bases para poder concorrer a esta oferta pódese consultar na páxina web de concello.

O Concello de Redondela ven de abrir o prazo de presentación de solicitudes para cubrir un total de 17 prazas -15 de peóns e dúas de capataz- para a prestación do servizo de limpeza nas praias do concello durante o período estival. Segundo se recolle nas bases- que se poden consultar na páxina web do Concello- as persoas contratadas desenvolverán esta tarefa con carácter temporal con xornada de 20 horas semanais en horario variable de luns a domingo segundo as necesidades do concello.
O proceso de selección está encamiñado a contratar a dous capataces por un período de catro meses e medio, 20 horas semanais de luns a domingo e cunhas retribucións brutas mensuais de 816 euros.
Seleccionaranse ademais un total de quince peóns, nove dos cales deberán acreditar estar en posesión do carné de conducir, que desenvolverán tamén tarefas de limpeza en horario variable de luns a domingo cunhas retribucións brutas mensuais de 687 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará