Amosan publicamente o respaldo á manifestación organizada pola Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas baixo o lema “Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras” e que se vai desenvolver este sábado 24 de abril. Dende o Grupo Redondelán faise un chamamento á poboación para participar neste convocatoria e así poder mostrar colectivamente o rexeitamento á política da UE respecto das persoas refuxiadas. Con tal de facilitar a asistencia convídase a todas as persoas que queiran asistir a se reunir ás 11:15 na Explanada de Seragua para compartir coches.
Este grupo de apoio está a traballar noutras iniciativas de cara a dar visibilidade á dramática situación dos refuxiados. Logo da recollida de material levada a cabo semanas atrás e que permitiu encher ducias de caixas con productos de botiquín , cueiros, chuvasqueiros ou botas, na vindeira semana teñen previsto organizar unha charla informativa para achegar aos veciños a difícil situación nos campos de refuxiados e analizar as inhumanas políticas europeas de acollemento.