O concello de Redondela sumóuse ás celebracións que por toda a xeografía se desenvolveron co gallo do día do libro. Unha actividade que consistiu na colocación dun cubo didáctico que nos achega á vida e obras dos dous escritores falecidos hai 400 anos: William Shakespeare e Miguel de Cervantes.
Un acto conducido polo concelleiro de cultura, quen quixo lembran como malia tratarse de dous grandes das letras universais cuxo recoñecemento chega ata os nosos días, as sáus vidas seguiron camiños ben diferentes, coñecendo Shakespeare o que era o éxito, a popularidade e o recoñecemento en vida, mentres Cervantes non gozaría desa fortuna. Concluía o edil a súa intervención insistindo na idea de que “os libros son cultura e a cultura é liberdade”. Un acto que contou coa lectura de dous pequenos textos a cargo de dúas das integrantes da Asociación Amigos das Bibliotecas quen puxeron voz ao Soneto 116 de William Shakespeare e a Carta de Don Quijote a Dulcinea de Miguel de Cervantes. A conmemoración rematou coa interpretación da peza Negra sombra por parte dunha saxofonista da Banda de Música de Chapela.