Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mougán cualifica de “pataleta do PSOE” criticar as instalacións do novo pavillón de A Marisma

RR_Noticias

O edil de deportes, Julio Mougán nega que as novas instalacións deportivas presenten “múltiples deficiencias” tal e como denunciaron días atrás os socialistas e asegura que se trata de axustes lóxicos en calquera instalacións nova “polo que xa presentamos diferentes informes á empresa construtora” reclamando o arranxo das posibles eivas que se poidan detectar. Asegura que todos os club que están a empregar as novas instalacións valoran moi positivamente o pavillón.

Criticaban os socialistas que en poucos meses o pavillón presente cables soltos, descascados na pintura dos vestiarios, problemas de deseño que impiden nas primeiras bancadas ter visibilidade así como problemas na iluminación instalada nas escaleiras deixando en moitos chanzos cables ao aire que constitúen un perigo.
Unhas críticas que o edil de deportes entende froito da “envexa”. Segundo Julio Mougán “é moi triste que veña xente dun partido político a desmerecer as instalacións do Pavillón Municipal A Marisma cando ninguén dos clubs do concello, dende o balonmán ata o baloncesto, pasando por fútbol sala, patinaxe, con xa varios eventos doutras disciplinas deportivas desenvoltos, non só manifestaron ningunha queixa, senón que poñen en valor as instalacións e presumen delas”.
Recoñecen dende o departamento de deportes que “como calquera instalación nova, estamos nun período de detectar determinadas deficiencias, como así o amosa, os informes de reclamacións feitos á empresa construtora, porque tanto os funcionarios como o propio concelleiro, están a pe de instalación día tras día”.
Entende o edil que se trata “dunha pataleta” por ser o PP quen logrou dotar de maiores infraestruturas aos clubs do concello masificados nas instalacións existentes “este tipo de reivindicacións veñen a amosar a falta de sensibilidade cara o deporte redondelán, xa que entendemos nas súas críticas que a situación debía ser mellor cunha instalación menor”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará