Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O asfaltado definitivo da rotonda de Cedeira obriga a pechar novamente o principal acceso a parroquia

RR_Noticias

O concelleiro de seguridade, Arturo González explica que o peche será puntual e servirá para rematar definitivamente as obras de construción da rotonda que se está a construír na N-552 no acceso a Cedeira. Unha actuación que mañá martes obrigará novamente aos turismos a acceder a esta parroquia por vías alternativas. A glorieta debería estar plenamente operativa a finais desta semana, cando as máquinas se retiren deste tramo da estrada.

O acceso principal a Cedeira dende a estrada N-552 volverá pecharse este martes para realizar os traballos de asfaltado previos a súa apertura definitiva. Así o explica o edil Arturo González quen lembra aos condutores que deberán empregar os acesos alternativos  que xa estiveron operativos semanas atrás, é dicir, subir dende a nacional polo camiño de Negueiride (que ten o seu acceso fronte a farmacia da Portela) e en sentido descendente en dirección a Redondela os condutores deberán ir polas Cardosas.
Os traballos nesta estrada supoñen un investimento de 2,8 millóns de euros para mellorar a seguridade vial e os accesos ao barrio do Cruceiro e zona industrial e residencial de A Portela. Ademais de facilitar a entrada ao futuro supermercado de Mercadona, que está previsto abra as súas portas a finais do mes de maio, tamén se están a construír beirarrúas no inicio da estrada para facilitar o paso de peóns que soben ao Cruceiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará