Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As vías seguras para o paso de refuxiados serían unha realidade de haber vontade política

RR_Noticias

A voceira da plataforma Mare Mortum, Beatriu Guarro, anima a cidadanía a colaborar con todas aquelas iniciativas encamiñadas a forzar aos estados europeos a modificar as súas políticas de asilo que a día de hoxe están a saltarse a legalidade. Insiste en que iniciativas orientadas a recoller material con destino aos campos de refuxiados non son recomendables “xa que trasladar ese material ten un elevadísimo custe e as veces non é o que se necesita”. Os que queiran colaborar mellor facelo a través das ONGs que traballan no terreo, rescatando ou atendendo ás persoas que chegan á fronteira. Desaconsella canalizar esas doazóns económicas a través de ACNUR.

A voceira da Plataforma Stop Mare Mortum convidada polo Grupo redondelán de apoio ás persoas refuxiadas participou onte en Redondela dunha charla debate na que puxo sobre a mesa a necesidade de se mobilizar ante as políticas ilegais que os estados europeos están a desenvolver ante a crise do refuxiados. Neste sentido destacou o sistema de cotas que atendendo ao dereito internacional é completamente ilegal “ao ser o dereito de asilo un dereito individual que se lle debe fornecer a todas aquelas persoas que foxen do seu país entre outros motivos polas guerras”. Guarro explicou o traballo que desenvolven dende Barcelona centrado basicamente en intentar que se creen vías seguras de tránsito para todos os que chegan á fronteira europea e queren dirixirse a calquera país da Unión. Outra das súas loitas céntrase en que as persoas que se ven brigadas a abandonar o seu territorio poidan xestionar a petición de asilo xa dende o consulado do país ao que queiran dirixirse “evitando así ese tráfico de persoas onde se están xogando a vida”. A voceira de Mare Mortum explica que as campañas de recollida de material que con moi boa vontade se fan dende asociacións e colectivos non son operativas “polo elevadísimo custe que supón trasladar ese material, uns 4.000 euros por contedor, ademais de que se leva material que en moitos casos non é o axeitado”. Por ese motivo anima aos que queira colaborar a doar eses cartos a algunhas das ONGs que traballan cos refuxiados. Anima a cidadanía a facer doazóns en efectivo, a colaborar coas organizacións e a dar o seu apoio a campañas informativas e de presión política, pero tamén desaconsella colaborar con algunhas organizacións que non están a desenvolver a súa labor como deberían. Falaba en concreto de Acnur. Lembraba Beatriu Guarro na súa charla a experiencia “dura o tempo que emotiva” que se está a vivir en lugares como Lesbos, illa grega que está a padecer unha enorme presión de refuxiados con centos de persoas chegando cada día “dende o inicio da guerra de Siria hai xa cinco anos”. Situacións límite que dan conta tamén que, malia todo o que se está a facer mal a nivel político, hai unha resposta positiva por parte da poboación civil.  

Beatriu Guarro Mare Mortum
Políticas ilegais
Crear vías seguras
Presionar aos estados para que actúen
Doazóns en efectivo
As campañas de recollida de material non son utiles
A quen dirixirse
Desaconsella ACNUR
Situación en Lesbos
Experiencias duras ao tempo que emotivas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará