Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acada a prata no Campionato de España de Bateis na categoría Xuvenil Masculina

RR_Noticias

O club redondelán sumou tamén dous cuartos postos, en Promesa e Absoluta Feminina, no campionato estatal disputado onte en augas de Teis. En total as embarcacións galegas sumaron nove medallas, catro delas quedaron na ría de Vigo con Tirán e Meira segundos e terceiros, respectivamente, en categoría absoluta masculina, e Vila de Cangas bronce en xuvenil feminino.

Na mañá deste domingo celebráronse nas augas das antigas instalacións da ETEA, en Teis, as finais do Campionato de España de Bateis. Galicia, en total, sumou nove medallas, catro delas conquistadas por clubs da Ría de Vigo: Tirán, Meira, Chapela e Vila de Cangas. En categoría masculina absoluta a vitoria foi para Ziérbana, onde exerce de adestrador e de remeiro o olímpico vigués Juan Zunzunegui. Impúxose por algo máis de catro segundos a Tirán. O podio completouno outra embarcación moñesa: Meira. En categoría xuvenil masculina, chegou outra das medallas para a embarcacións local, Chapela levou a prata tras quedar só a unhas décimas de San Juan. Cabo de Cruz pechou o podio. Entre os cadetes non houbo podios galegos, pero si nos infantís, xa que Rianxo levou o ouro e Cabo de Cruz o bronce. En categoría feminina, o triunfo foi para Hibaika, seguida de San Juan. As galegas de Mecos obtiveron o bronce. Vila de Cangas, pola súa banda, foi tamén bronce en xuvenís. Por último, Vilaxoán levou a prata en promesas.
Resultados: Promesa feminino: 1. Orio , 4.44:80; 2. Vilaxoán, 4.45:15; 3. Hibaika, 4.46:76; 4. Koxtape, 4.51:22; 5. Chapela, 4.51:88. Xuvenil feminino: 1. Estaleiro, 9.45:68; 2. Koxtape, 10.01:05; 3. Vila de Cangas, 10.01:69; 4. San Nicolás, 10.12:42; 5. A Repasado, 10.23:84. Absoluto feminino: 1. Hibaika, 9.20:31; 2. Koxtape, 9.25:21. 3. Mecos, 9.36:52; 4. Chapela, 9.42:35; 5. Cabo Cruz, 9.45:68. Infantil masculino: 1. Rianxo, 4.31:32; 2. Castro, 4.34:83; 3. Cabo Cruz, 4.35:59; 4. Zumaia, 4.36:60; 5. Bueu, 4.43:23. Cadete masculino: 1. Castro, 6.38:67; 2. Orio, 6.40:77; 3. Itxasoko, 6.43:12; 4. Rianxo, 6.44:65; 5. Deusto, 6.47:91. Xuvenil masculino: 1. Koxtape, 8.59:15; 2. Chapela, 8.59:64; 3. Cabo Cruz, 9.01:40; 4. Cabana-Ferrol, 9.09:02; 5. Castro, 90.10:61. Absoluto masculino: 1. Zierbena, 8.22:33; 2. Tirán, 8.26:69; 3. Meira, 8.27:65; 4. Kaiku, 8.31:97; 5. Cabo Cruz, 8.35:30.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará