Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente insta ao refuxio de animais Noé a desaloxar a casa dos mestres

RR_Noticias

O responsable da Concellería, Miguel Angel Alvarez Ballesteros, explica que o local, que lles fora sido cedido temporalmente polo colectivo republicano para gardar o alimento e outro material dedicado ao coidado dos animais, acabou albergando aos propios cans e gatos. Isto provocou numerosas queixas dalgúns veciños do lugar e incluso a intervención do Seprona, quen xa se dirixiu ao concello instando ao goberno local a que controlase a actividade que alí se desenvolve. Ante esta problemática asegura o edil que a única alternativa é “intentar buscar un lugar axeitado para os animais que estaban ao coidado da asociación e desaloxar esas instalacións”.

O aviso de desaloxo era recibido con críticas a través das redes sociais por parte dos membros da Asociación Regufio Noé quen entenden que non se está valorando o traballo de atención e coidado que realizan con animais abandonados, nalgúns casos feridos, así como o propio control das colonias de gatos ao traballar na súa esterilización. Lonxe de avivar polémicas o concelleiro de medio ambiente explica que a orde de desaloxo responde a que é o propio Seprona quen fai un chamamento ao concello “xa que os animais teñen que estar en lugares axeitados, e a casa dos mestres cedida a esta asociación polo colectivo republicano non reúne as condicións hixiénicas e de salubridade que estipula a lei para este tipo de refuxios”. Engade o edil que tamén houbo denuncias dos veciños da zona e que, ante esta situación, o único que poden facer dende o concello e colaborar para o realoxamento dos animais que estaban nesa vivenda e instar á asociación a que cese na súa actividade. O edil de Medio ambiente asegura que dende o Concello se está traballando para buscar un lugar no que esta asociación poida seguir coa súa labor de axuda e defensa dos animais. Neste sentido apunta que se falou coa comunidade de montes de Reboreda para lograr a cesión dunha parcela, pero que por diferentes motivos non se puido chegar a un acordo. Agora está na procura dun novo espazo que poida reunir as condiciones que se precisan para realizar esta labor.  

Miguel Alvarez Ballesteros edil de medio ambiente
Os animais deberán ser trasladados a outro lugar
Unha parcela no monte
Negocian a súa posible ubicación nun terreo cedido por unha comunidade de montes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará