Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alvarez Ballesteros “A praga de vespa asiática irá en aumento nos vindeiros meses”

RR_Noticias

A concellería de Medio ambiente organiza hoxe unha charla informativa na que se asesorará a todos os asistentes sobre as actuacións a levar a cabo para a identificación e o control das pragas de vespa asiática (vespa velutina) e o picudo vermello. O coloquio terá lugar hoxe martes ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira e estará impartido por persoal especializado no control de pragas. O edil de medio ambiente lembra que existe un teléfono directo no que informar da existencia dun niño de vespa asiática, o 012, no que se centralizan todas as chamadas que logo son atendidas polos técnicos da empresa especializada en retirar estes niños.

De confirmarse que se trata dunha colonia de vespa velutina, será o persoal de Tragsa o que se encargará da retirada, moitas veces complexa porque poden atoparse a unha altura de ata 30 ou 40 metros ou en zonas de difícil acceso. De cómo diferenciar as vespas asiáticas doutras especies autóctonas e de cómo recoñecer os seus niños falarase na xornada de hoxe. Tamén se achegarán datos sobre o perigo que supón para as persoas e darase resposta a todas as dúbidas que formule o público asistente. Na charla abordarase tamén a situación das palmeiras afectadas polo picudo vermello, unha praga que afecta fundamentalmente a palmeiras do xénero Phoenix, especialmente a palmeira canaria e datilera. É fundamental a colaboración veciñal eliminando as palmeiras afectadas sen posibilidade de recuperación para evitar a súa propagación. Falarase polo tanto nesta charla dos síntomas que presentas as palmeiras atacadas polo picudo e que facer cando detectamos unha palmeira enferma.  

Miguel Alvarez Ballesteros edil Medio Ambiente
a quen vai dirixido
Vespa asiática
O aviso hai que deixalo no número de teléfon 012
Picudo vermello
Afecta a unha especie concreta de palmeiras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará