Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito certifica o seu ascenso á terceira división do Fútbol Sala

RR_Noticias

A falta dunha xornada para que remate o campionato, os de Fran Amoedo lograban onte os puntos necesarios para asegurarse o título de liga e o ascenso a terceira división logo da vitoria acadada ante o Abetos Gondomar. Arealonga e Redondela saíron mal parados dos seus compromisos ligueiros con dúas derrotas ante o Cereixa e o Leis Marcón respectivamente.

A alegría desatouse onte entre os xogadores do Campito logo da vitoria por 3-5 ante o Abetos Gondomar que lles permite facerse co campionato e confirmar o seu ascenso a terceira división. Unha fantástica temporada para o equipo de Chapela que logra o título de liga cando aínda resta unha última xornada. Será o vindeiro sábado cando o equipo poida celebra coa súa afección os éxitos logrados. O último dos partidos previsto disputarase o sábado 14 ás 16:30 horas no pavillón de Chapela ante o Mondariz, un encontro que de seguro, sexa cal sexa o resultado, converterase en toda unha festa para o equipo local.
Os outros dous equipos que militan na autonómica sur non correron a mesma sorte, perdendo as súas citas ligueiras. O Arealonga caía por 0-7 ante o Cereixa e o Redondela perdía 6-1 na súa visita ao campo do Leis Marcón. Equipos que en ambos os dous casos teñen xa acadado o seu obxectivo da permanencia. Na vindeira fin de semana o Redondela despedirá o campionato ante a súa afección no pavillón novo. Recibirá o sábado ás 16:15 ao Baíña. O Arealonga xogará nas Neves, será contra o Bar Praza García Araujo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará