Axentes da xefatura da Policía Autonómica de Vigo informan da imputación de tres persoas como presuntas autores dun incendio forestal no concello de Redondela. O lume tivo lugar o pasado 30 de abril, na parroquia de Cabeiro cando os investigados estaban a realizar unha queima de restos forestais de xeito neglixente.
Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Redondela (Pontevedra).
Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 21 persoas foron imputadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.