Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de mediación xuvenil para previr drogodependencias e condutas de risco

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude de Soutomaior convoca un curso para formar a formadores xuvenís coa finalidade de que a mocidade adquira habilidades e competencias que permitan informar e transmitirlle a outros grupos de mozos e mozas información preventiva en relación a condutas de risco. Orientado a maiores de 14 anos impartirase os días 19, 23, 26 e 30 de maio en horario de 18:00 a 20:30 horas. Completamente de balde os interesados pódense informar e inscribir na OMIX, 986700822 omix@soutomaior.com

Tocaranse temas como as drogas e as drogodependencias, os factores de risco e protección, definición do rol do mediador xuvenil en drogodependencias, e as diferentes drogas como o alcohol, o tabaco, o cannabis, os psicoestimulantes. Falarase tamén da percepción abordando o seu aspecto social e as técnicas e ferramentas básicas en prevención así como os patróns dominantes de ocupación do tempo libre entre a mocidade e alternativas de lecer. Outros asuntos que se abordarán neste curso centraranse nos recursos existentes en drogodependencias, mocidade, tempo libre así como a elaboración dun programa de lecer alternativo como ferramenta para a prevención do consumo de drogas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará