Os socialistas aseguran que o concello sabe deste problema dende hai tempo sen que teña feito nada pro arranxalo dado que “xa no pasado mes de abril o grupo municipal socialista reclamou o arranxo da rampla de baixada que dá acceso á zona A Mariña da Praia de Cesantes por atoparse en mal estado con parte do muro fraccionado por unha fenda que fai que a estrutura teña unha inclinación que antes non posuía”. Un perigo que afecta tanto aos viandantes como vehículos “debido a que a calzada ten numerosos ocos”.
O edil socialista Leonardo Cabaleiro declara “o concello ten que garantir a seguridade dos usuarios e usuarias que acceden a esa zona da praia” e engade que “o goberno municipal do PP sabe disto dende hai semanas xa que os veciños e veciñas da zona enviaron as queixas adxuntadas con fotografías”.
Critican que a zona malia a peregosidade non presente ningunha barreira nin sinalización. “Tanto a veciñanza como a oposición trasladou a situación na que se atopa A Mariña ao Concello de Redondela, pero este último non tomou medidas” conclúen.