A axuda esta dirixida a alumnos de FP e Bacherelato que cursen os seus estudos en Pontevedra. Esta subvención conta cun orzamento inicial de 5.000 euros, pero que serán ampliables, “ata que sexa necesario con tal de que ningún alumno que a necesite quede sen ela. Ningún alumno quedará sen poder estudar por problemas de transporte”, explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera.
Aínda que o sistema polo que se fará chegar a axuda aos alumnos aínda está por decidir, “o máis probable é que optemos por un sistema de bonos”, afirmou Reguera. Esta subvención estará dispoñible para os alumnos empadroados no Concello de Soutomaior que cursen os seus estudos o próximo curso fóra do municipio e da área metropolitana de Vigo, xa que estes últimos xa teñen o transporte dentro da área subvencionado. Desta maneira corríxese a situación de desigualdade que se producía entre os alumnos segundo a súa localidade de estudo.
A axuda estará dispoñible durante este tres anos nos que se construirá o novo instituto de Soutomaior, xa que despois xa non será necesario que os alumnos do municipio se despracen para cursar os seus estudos.