Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco recibe o domingo ao Zaragoza B na segunda fase de ascenso a Segunda División

RR_Noticias

O partido disputarase esta domingo en Santa Mariña ás 18:30 horas e, unha semana despois, os de Marcos Montes deberán desprazarse á cidade deportiva da capital maña para xogar o encontro de volta. O Choco ten ademais unha completa axenda ao ter que xogar hoxe o partido correspondente ás semifinais da Copa Deputación ante o Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales (21:00).

Logo de facer historia ante o Badaxoz e dar un paso de xigante na competición, agora o conxunto de Redondela ten un novo rival. O Choco medirase ao Deportivo Aragón, filial do Zaragoza, na segunda eliminatoria do play off de ascenso a Segunda División. O sorteo, celebrado onte pola tarde na sede da Federación Española nas Rozas, volve deixar aos de Marcos Montes ante un duro rival, o campión do grupo aragonés de Terceira División, que ven de perder co Mallorca B unha das eliminatorias que enfrontaba aos campións de cada grupo. A ida disputarase previsiblemente ás seis e media da tarde do vindeiro domingo en Santa Mariña e as entradas xa están a venda no Kiosko Cocó, no Bar Os Amigos e en Printeco.
E hoxe mesmo os xogadores teñen outro partido. Será as nove da noite no Baltasar Pujales, 21 horas, ante o Rápido de Bouzas nas semifinais de grupo da Copa Deputación. Un partido que o club vigués declarou de portas abertas, polo que serán moitos os afeccionados redondeláns que acudirán a Bouzas para arroupar ao equipo é renderlle homenaxe polo éxito acadado en Badaxoz. Para Marcos Montes o problema será dosificar aos seus xogadores logo do gran esforzo realizado no Nuevo Vivero.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará