A Concellería de Participación cidadá e Medio Ambiente convoca a todas as asociación de veciños, culturais, de montes e de calquera outro tipo de ámbito rural, a unha xuntanza que terá lugar este xoves ás 20:00 horas na Casa da Cultura. O obxectivo é que participen todos estes colectivos na elaboración das estratexias de desenvolvemento rural que afectan a Redondela.
Na xuntanza que se celebra mañá analizaranse entre outras cuestión a situación actual das liñas de desenvolvemento así como os proxectos subvencionables e estratexias a seguir. A reunión, que estará presidida polo concelleiro de Participación Cidadá, Miguel Angel Alvarez Ballesteros, terá lugar ás 20:00 hroas na Casa da Cultura.