Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samuel Blanco: “Para practicar este deporte tenche que gustar sufrir”

RR_Noticias

O Ciclista redondelán Samuel Blanco ven de proclamarse subcampión Sub23 do campionato galego contrarreloxo en Baños de Molgas en Ourense. Un éxito deportivo que segundo recoñece é froito do “traballo, traballo e máis traballo” pero tamén da confianza que depositaron nel os responsables do Club Ciclista Rías Baixas, con Marcos Serrano a cabeza como director do equipo técnico.

O ciclista redondelán Samuel Blanco era recibido onte no concello polo edil de deportes, Julio Mougán quen o felicitou polo seu segundo posto no Campionato Galego de Contrarreloxo na categoría sub-23. Un novo éxito deportivo protagonizado por un veciño de Chapela que é froito do esforzo persoal do deportista pero tamén do intenso traballo de base que se vén facendo dende a escola de ciclismo que dirixe Marcos Serrano e que fai que esta modalidade deportiva siga medrando. Samuel Blanco, con tan só 21 anos milita no Club Ciclista Rías Baixas logo de 5 anos de intensa actividade deportiva dende que comezara con 16 a dar as súas primeiras pedaladas no Club Ciclista Vigués. Coa confianza que depositou Marcos Serrano e Chamorro, decántase por fichar no Club Ciclista Rias Baixas, equipo no que milita actualmente, e pelexa por facerse un oco no ciclismo profesional. Logo dos éxitos acadados nas últimas semana márcase agora como próximos obxectivos participar na Vuelta a Castellón, nos campionatos de España e no campionato galego. Un recoñecemento no que participou tamén o seu adestrador, Marcos Montes, responsable da escola de ciclismo que conta en Redondela con 60 ciclistas, nenos e nenas menores de 18 anos, de Redondela, Soutomaior, Mos ou incluso Vigo.  

Samuel Blanco ciclista
Traballo e máis traballo é o que hai detrás dos seus éxitos deportivos
Julio Mougán concelleiro de Deportes
Recoñece o traballo persoal do ciclista e salienta o labor de base que se está a facer en Redondela
Marcos Serrano técnico do Club Rías Baixas
Responsable da escola de ciclismo de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará