Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica “as insuficientes prazas” do Plan municipal de conciliación

RR_Noticias

Os nacionalistas entenden que as 225 prazas que se oferta dentro do plan de conciliación que organiza a Concellería de Muller e igualdade “caracterízase por ser insuficiente e obedecer a intereses económicos”. O concelleiro do bloque, Xoán Carlos González, afirma que dende o goberno local “limitan o número de prazas, cun orzamento pechado, coa única finalidade de presentar un balanzo económico positivo, maila que se deterioren servizos”.

“Unicamente se ofertan 225 prazas para o mes de xullo. Nada para agosto, nin setembro”, afirma o concelleiro nacionalista, para quen “detrás deste xeito de gobernar está o modelo de Javier Bas, que consiste en introducir restricións en servizos demandados polas familias, e poder presentarse como un moi bo xestor”.
Engade o edil que “xa no verán pasado houbo un número importante de familias que non puideron gozar desta actividade, malia o cal dende o goberno non se axustou o servizo ás necesidades e ás demandas reais das familias tanto no número de usuarios como de meses da actividade”.
Os nacionalistas critican que non se introduzan modificacións no plan municipal de cara a cubrir todas as demandas de conciliación mentres aplauden que “o movemento asociativo vaia por diante do goberno, xa que hai algunha ANPA, que ante a previsión de que non se cubra a demanda no Concilia,  organiza campamentos en xullo e agosto”. Xoán Carlos González “anima a que todo o mundo presente a súa instancia, como nova medida de presión sobre un goberno que actúa a bandazos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará