O concello de Redondela convoca aos veciños a participar dunha concentración que terá lugar hoxe martes ás 12:00 horas diante da casa consistorial. Un acto en lembranza das vítimas da masacre do pasado fin de semana na cidade estadounidense de Orlando, na que morreron 49 persoas e outras 53 resultaron feridas graves.
A convocatoria servirá tamén á cidadanía para amosar a súa repulsa ante calquera tipo de acto violento contra a liberdade. Na concentración gardarase un minuto de silencio polas vítimas e en apoio e solidariedade cos afectados.