Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esixen medidas correctoras para rebaixar a contaminación acústica no Instituto de Chapela

RR_Noticias

Levan 25 anos convivindo co ruído e temen que a situación empeore nos futuro xa que a ampliación da autoestrada suporá que os vehículos circulen aínda máis próximos do que o fan actualmente. “A estrada aproximarase cinco metros” explica Miguel Pérez Lorenzo, profesor no instituto de Chapela, un centro educativo que padece os efectos de atoparse nas inmediacións das obras de ampliación que tantos quebradeiros están a causar nesta parroquia. Temen ademais que as instalacións do centro se vexan “aínda máis reducidas pola ampliación do Camiño do Torreiro e a creación dunhas prazas de aparcamento que se farán en terreos do instituto”.

Unha comunidade educativa que se manifestas abertamente crítica tanto coa empresa como coa administración pola falta de información en torno a todas estas actuación que se están a realizar na contorna do instituto. “Nin a empresa nin a administración se dirixiu ao centro para lle comunicar a afectación real, descoñecemos a distancia exacta á que vai quedar a autoestrada, carecemos de planos, tampouco se nos confirmou se Audasa vai instalar medidas correctoras como barreiras contra o ruído ou asfalto fonoabsorbente” explica López Lorenzo, quen lembra que as consecuencias desta obras “padécenas os 800 estudantes que conforman o alumnado do centro no que se imparten clases mañá e tarde”. Ante a falta de información e como primeira medida veñen de reclamar que se reúna o Consello Escolar para que se manifeste ante esta situación. Tamén lle solicitaron á Xunta de Persoal Docente de Pontevedra que se reúna co xefe territorial da Consellería de Educación para lle transmitir a preocupación existente na comunidade educativa.  

Miguel Pérez Lorenzo profesor no IES Chapela
25 anos convivindo cun ruído que vai en aumento
Máis ruído menos espazo
O instituto podería ter que ceder parte do terreo para facer un aparcamento
Información detallada
Reclaman que o Consello escolar se manifeste sobre esta situación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará