A Federación Galega de Remo elixiu o Grove para a gala de presentación da Liga Galega de Traiñeiras e as primeiras regatas. O calendario arrincará de maneira oficial para o grupo A, no que milita Chapela, o 2 de xullo en augas de Vilaxoán. A liga feminina arrancará en Redondela.
O bo tempo foi a noa dominante na primeira xornada na categoría raíña do remo. Os tres equipos femininos foron foron os que abriron a sesión competitiva. Cabo de Cruz, na única regata puntuable, abriu a sesión coa primeira vitoria oficial da tempada. Chapela acabou na segunda praza por diante de A Cabana-Ferrol, que completou a clasificación final. Na Liga Galega B, que se disputou a continuación, foi o filial de Cabo de Cruz o que se impuxo conautoridade. Vila de Cangas entrou a 21 segundos para facerse coa prata e Rianxo completou o podio. Con todo, a sensación entre as sete embarcacións foi de moita igualdade, polo que a único ascenso directo da liga será moi pelexado, con dúas opcións máis pola vía da promoción. Na máxima categoría do remo galego, a LG-A, participaron once equipos por mor da ausencia no Grove de Mugardos. Ares deu a sorpresa, e fíxose co triunfo, seguido a pouco máis dun segundo por Meira, e coa Poboa en terceira posición. O C.R. Chapela tivo que conformarse coa sexta praza, por detrás tamén de Mecos e Coruxo. O barco redondelán chegou a meta por diante de Castropol, Bueu, Amegrove, Vilaxoán e Perillo. A competición renovarase o 2 de xullo en Vilaxoán para a liga. Será a primeira das 13 regatas puntuables antes do play-off mentres que a liga B quedou emprazada para o 9 de xullo na Pobra. Ese día a liga Feminina continuará en Redondela.