A Batalla de Rande contará con 60 participantes de alto nivel deportivo na proba de natación que se disputará este sábado e que suporá para os participantes superar 27 quilómetros de travesía pola ría viguesa. A quinta edición da Batalla de Rande preséntase como a máis importante das disputadas até o momento, tanto pola calidade dos nadadores como polo número dos mesmos e a mellora na infraestrutura necesaria para desenvolver a competición. Entre os favoritos está o atleta Jorge Crivilles.
Os nadadores sairán ao nove da mañá das illas Cíes e terminarán o seu percorrido na illa de San Simón. Estableceranse tres grupos, en función das marcas persoais dos deportistas, e adoptaranse importantes medidas de seguridade. Traballarán máis de sesenta voluntarios e os organizadores disporán de 30 embarcacións.
A proba conta con numerosos alicientes. Son 27 quilómetros esixentes e onde se deben ter en conta varios factores, entre eles as correntes e dosificar o esforzo. Os participantes sairán ao nove da mañá das illas Cíes e é posible que se realice un reagrupamiento en Domaio. O primeiro nadador chegará á illa de San Simón sete horas despois de saír, segundo as previsións.
Jorge Crivillé é un dos grandes favoritos para imporse na categoría masculina. Conta cun amplo palmarés e ademais posúe a Tripla Coroa. É dicir, deu a volta á illa de Manhatan, cruzou a canle de Santa Catalina no Océano Pacífico e tamén a canle da Mancha. Posúe unha ampla experiencia e acudirá por primeira vez á cita coa ría viguesa.
A Batalla de Rande de natación pasará por Cangas, Vigo, Domaio, a ponte de Rande e chegará á emblemática illa de San Simón. Alí os organizadores disporán de toda a infraestrutura para atender aos deportistas despois de tan intenso esforzo. Para iso contan co decido apoio do Concello de Redondela, o principal impulsor da competición. Tamén participan no evento Coca Cola. Nutriesport, Froitas Catuxa, Praxair, CSV Vending, o club Kaiak de Cobre, o Club Náutico de Rodeia e o Real Club Náutico de Vigo.