Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campus de Verán do Balonmán Chapela chega á súa maioría de idade

RR_Noticias

O BM Chapela pon en marcha o XVIII Campus de Verán, que se vai celebrar entre os días 11 e 16 de xullo, ambos incluídos. Está dirixido a nenos e nenas desde os 5 ata os 15 anos de idade, e conta cun amplo horario de actividades, desde as 10.00 ata as 19.00 horas.

As actividades desenvolveranse no pavillón de Chapela, e tamén noutros puntos da parroquia como a praia de Arealonga. Ademais da práctica do balonmán, os participantes terán actividades de sendeirismo, volei, balonmán praia, concursos e veladas. As inscricións poden facerse na oficina do pavillón. O presidente do club, Manuel González Soto, sinala que se trata dunha actividade que pretende ofrecer “un espazo lúdico e formativo” para os rapaces durante as vacacións escolares. A data límite para a inscrición é o 29 de xuño. O prezo é de 50 euros incluídas todas as actividades e as comidas. Poden informarse nos teléfonos 630.850.698 e 661.493.235. Desde o club preparan tamén o Torneo de Balonmán Praia para as categorías benxamín e alevín, os días 8 e 9 de xullo na praia de Arealonga.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará