Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As condicións do mar obrigan a suspender a travesía entre Cíes e San Simón a 12 km da meta

RR_Noticias

As malas condicións meteorolóxica levaron aos organizadores a deter a proba cando os participantes levaban percorrido tan só 15 dos 27 quilómetros de travesía. A forte ondaxe e o vento facía case imposible aos nadadores avanzar nas frías augas da ría, motivo polo que a organización apostou pola seguridade e decidiu trasladar aos participantes a San Simón. A proba por vez primeira nos seus cinco anos de celebración quedou, polo tanto, sen vencedor.

A organización da proba suspendeu a competición entre as Illas Cíes e San Simón no décimo quinto quilómetro da proba debido ás malas condicións meteorolóxicas. Desta forma, a cita quedou sen gañador.
A xornada comezou con problemas, cando un buque cruzouse na ruta dos nadadores, o que obrigou a parar a proba. A partir de aí, puido continuar pero as ondas e a marea, en contra dos deportistas, fixeron que a comitiva acumulase moito atraso. Comezaron os abandonos e a organización optou pola suspensión.
Os participantes foron recollidos e trasladados até as proximidades de San Simón. Aí volveron meterse na auga para poder realizar os últimos metros a nado e chegar así até o arquipélago de Redondela polos seus propios medios. A Batalla de Rande sufriu a súa primeira suspensión en cinco anos e mostrou a dureza da proba e da Ría de Vigo cando as condicións son adversas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará