Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acada unha discreta sexta praza nos memoriais de traiñeiras en Tirán e Cangas

RR_Noticias

Na fin de semana disputáronse dúas regatas de pretemporada, o Memorial Jesús Tenorio, nos peiraos do Con onde se impuxo Cabo; e o Memorial Ricardo del Río, en augas de Cangas, con Tirán como vencedora. Nas dúas ocasións o C.R. Chapela acadou a sexta praza.

Onte celebrouse o segundo Memorial Jesús Tenorio, falecido presidente da SD Tirán, que organizou a regata. Participaron once traiñeiras que foron distribuídas en tres quendas e que ofreceron un gran espectáculo nunha gran xornada de remo. Cabo, Samertolaméu e Tirán, que compartiron a terceira quenda, deixaron claro desde o comezo a súa superioridade. Os de Cabo gañaron con certa comodidade. Por detrás do podio meteuse Bueu, cunha importante vantaxe sobre o resto dos participantes. Chapela tivo que conformarse coa sexta praza, por detrás tamén de Boiro. Os redondeláns remataron por diante do resto de participantes: Coruxo, que foi 7º, e logo Rianxo, Vilaxoán, Vila de Cangas e Narón. A proba era a antesala do comezo da Liga Galega que arrinca o sábado 2 de xullo en Vilaxoán e na que Cabo de Cruz, unha das representantes galegas na ACT, acabou por imporse ao resto de favoritos.
Memorial Ricardo del Río
O sábado foi Tirán a que se impuxo con claridade no Memorial Ricardo del Río, regata na que participaron dez traiñeira, nove das que figuran na liga Galega e Tirán, unha das dúas representantes galegas na liga ACT. Tirán demostrou a súa fortaleza por diante de Samertolaméu que parece que vai ser unha das grandes protagonistas do calendario galego xunto a Coruxo, que logrou un meritorio terceiro posto. A proba desenvolveuse en formato de contrarreloxo desde o peirao de Ojea até a punta de Rodeira con varias voltas. Tirán mandaba desde o comezo e Samertolaméu ía ao seu ronsel, pero a vantaxe foi en aumento ata os dezasete segundos de marxe finais a favor dos de O Con. Resultados: 1.Tirán 21:55.34; 2.Samertolaméu 22:12.78; 3.Coruxo 22:52.44; 4.Rianxo 23:01.28; 5.Náutico de Boiro 23:05.50; 6.Chapela 23:08.15; 7.Poboa 23:12.31; 8.Mera 23:14.84; 9.Vila de Cangas 23:243.8; 10.Bueu 23:28.53.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará