Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Leonardo Cabaleiro (PSOE): “É inviable chegar a acordos co PP”

RR_Noticias

Os socialistas aguantan en Redondela, xa que pasan de 4.342 votos en decembro a 4.330 nos comicios de onte. O secretario dos socialistas no noso concello Leonardo Cabaleiro, recoñece que se trata duns resultado que deixan un sabor “agridoce” porque malia resistir e superar con moito os prognósticos que deixaban as enquisas a nivel estatal volve perder apoio e quedan con tan só 85 escanos, moi lonxe da maioría e cun calendario moi complicado de negociacións para chegar ao goberno.

“Nós saímos a gañar polo que os resultados non son bos” explica Cabaleiro quen recoñece que os grandes beneficiados foron os populares, non só coa remontada a nivel estatal senón tamén en Redondela ao recuperar o primeiro posto que hai seis meses lle arrebatara En Marea. Amósase convencido de que non deberían celebrarse novos comicios “temos a obriga de chegar a entendementos coas forzas de progreso” descartando así un apoio por activa ou por pasiva ao PP “na miña opinión é inviable chegar a acordos co PP, un partido que lle está a facer e lle fixo moito dano ao país”.  

Leonardo Cabaleiro PSOE
Analizamos os resultados co secretario xeral do PSOE en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará