Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición move ficha ante os continuos desencontros co PP

RR_Noticias

A aposición prepara “posicionamentos conxuntos en temas importantes para Redondela” en resposta ao que entenden está a ser un comportamento inadmisible por parte do goberno do PP que “malia estar en minoría despreza á oposición”. Presentar unha moción de censura non estaría na axenda destes grupos a curto prazo, pero a reunión celebrada onte e á que asistiron representantes das catro forzas que conforman a oposición en Redondela, si fan aventurar unha maior unión entre eles da que amosaran no inicio do mandato.

A reunión celebrada este mércores e á que asistiron representantes de PSOE, AER, BNG e do Grupo Xuntos Podemos é froito do “malestar xeneralizado ante a actitude do alcalde Javier Bas e do seu grupo de goberno, que actúan ao fronte do concello como se estiveran en maioría e cun continuo desprezo cara a oposición”. Así o expresan en maior ou menor medida os partidos alí representados que malia negar que se estea a fraguar unha moción de censura, si recoñecen unha maior sintonía entre estas formacións ante o que entenden continuos desplantes do goberno do PP que exemplifican no feito de que “non se nos respondan ás peticións que presentamos, a información sobre os temas a tratar nas comisións se nos traslade tan só dous días antes das mesmas e sen tempo suficiente para estudala ou non se atendan os acordos plenarios”.
Unha unidade que parece vaise escenificar no pleno do vindeiro luns xa que hai varios dos temas de actualidade municipal que está previsto abordar nesa sesión que poderían atoparse cunha “postura conxunta” por parte dos 12 membros da oposición impedindo así a súa aprobación, ao contar o PP con tan só 9 concelleiros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará