O círculo cultural de Chapela organiza este domingo unha nova cita gastronómica que se ven sumar ao xa intenso programa que se desenvolve en Redondela. Logo do éxito da recentemente celebrada festa do carallote en Cesantes, no paseo marítimo de Chapela tentarán repetir asistencia de público e ventas coa I edición da Festa da navalla cun programa no que se inclúe tamén unha exhibición de flyboard, aberta a que aqueles que o desexen poidan vivir a experiencia de “voar sobre as augas”.
A festa arrancará ás doce do mediodía coa degustación das navallas á prancha, e tamén preparada en empanada tanto de millo como de trigo.A oferta gastronómica complétase con polbo e os máis pequenos poderán tamén divertirse nos inchables.
A música correrá a cargo da Orquestra de saxos de Redondela cun concerto ás 12.30 horas e xa as 16:30 terá lugar a exhibición de flyboard aberto a que tamén vivan a experiencia aqueles que así o desexen