Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A área metropolitana constituirase en outubro logo de ser aprobada por unanimidade no Parlamento

RR_Noticias

Os 68 deputados do Parlamento déronlle o seu visto e prace á Lei da Área Metropolitana de Vigo o que supón o pistoletazo de saída definitiva ao organismo supramunicipal que a Xunta prevé se poña en marcha próximo outubro, unha vez que o texto se publique no Diario Oficial de Galicia, os consistorios designen aos seus representantes e se constitúa a Asemblea Metropolitana

A lei contou finalmente co voto favorable de Alternativa Galega de Esquerda , que o luns xa recoñecía o “consenso” que suscitaba a normativa e abría a porta a emitir un “si crítico” no Parlamento. Ao longo das intervencións, os grupos abordaron a necesidade de dotar dun cronograma á Área, o seu financiamento ou o traspaso de competencias por parte doutras institucións. O vicepresidente da Xunta aseguraba que con esta aprobación “faise historia pero que hai que seguir facéndoa” mentres que o alcalde de Vigo amosaba a súa satisfacción e engadía que “a lei da área metropolitana é o máis importante que aprobou o Parlamento”.
En virtude do texto aprobado, Vigo terá consideración de capital de provincia, e liderará a área que conformará xunto a outros 13 municipios da súa contorna, entre eles Redondela, Soutomaior, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. Este novo ente administrativo, ao que voluntariamente se incorporaron cada un dos concellos, terá competencias en materia de transporte, servizos sociais, turismo, cultura, emerxencias, entre outros, e requirirá de cesións por parte das entidades locais e da Deputación de Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará