Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Entra en vigor a nova normativa que regula as axudas municipais a persoas en risco de exclusión

RR_Noticias

A nova ordenanza aumenta o límite de ingresos co obxecto de que sexan máis as persoas que poidan beneficiarse destas axudas. Dende a Agrupación de Electores lembran que malia existir unha partida de 80.000 euros para atender a aquelas persoas que se atopen en risco de exclusión o ano pasado investíronse tan só 30.000, polo que animan aos posibles beneficiarios a solicitalas.

Explican dende AER que a nova ordenanza inclúe algunhas das achegas feitas por esta agrupación encamiñadas a que sexan máis os veciños que se poidan beneficiar das mesmas, aumentando o límite de ingresos permitidos para poder acceder e facilitando os trámites aos interesados o máximo posible coa incorporación da tramitación electrónica.
Salientan que entre as medidas máis destacadas propostas por AER nas comisión e que foron incluídas na nova normativas atópanse “aumentar o límite da renda per cápita mensual bruta da unidade de convivencia de 532,51 €/mes, a 655,20€/mes” así como aumentar o límite dos meses de aluguer para ás vítimas de violencia machista, pasando de 6 meses da anterior ordenanza aos 12 meses de aluguer (un ano) actuais. Esta medida propúxose para tentar darlles unha estabilidade real ás mulleres ou familias que se atopen nesta situación, “xa que entendemos en seis meses dificilmente se acada e as veces nin sequera nun ano”.
Animan a todas aquelas persoas que se poidan beneficiar destas axudas a relaizar os trámites correspondentes xa que “aínda que o orzamento para este tipo de axudas pasara dos 60.000€ de anos anteriores aos 80.000€ actuais, o gasto no ano pasado 2015 só alcanzou os 30.000€, no ano 2014 os 20.000€”. A nova Ordenanza Municipal de Prevención de Situacións de Exclusión Social de Redondela, aprobada definitivamente en pleno o pasado 24 de maio, pódese consultar no Boletín Oficial da Provincia do 28 de xuño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará