Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta establece a veda para o choco nas rías de Vigo e Pontevedra

RR_Noticias

Deste xeito queda expresamente prohibida a captura desta especie por medio de calquera arte ata o vindeiro 31 de outubro. No caso da ría de Vigo establécese dentro da liña que vai de Punta Monte da Guía a Punta do Con e na ría de Pontevedra dentro da liña que vai dende Punta da Moa ata Punta das Sinas. A medida responde á solicitude entregada pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, promovida polos pósitos das rías e, persegue a recuperación da especie.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martres dúas resolucións da Consellería do Mar polas que se establecen vedas para a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra. Deste xeito, queda prohibida a captura, tenza a bordo, transbordo, comercialización ou venda desta especie con calquera das artes incluídas no referido decreto 15/2011. Esta veda inclúe tamén a pesca marítima de recreo, de acordo co establecido pola normativa vixente.
No caso da ría de Vigo a vixencia da veda é dende o 1 de agosto ata o 31 de outubro de 2016 e establécese dentro da liña que vai de Punta Monte da Guía a Punta do Con. Na ría de Pontevedra, a veda está vixente dende o 12 de xullo e ata o 31 de outubro e establécese dentro da liña que vai dende Punta da Moa ata Punta das Sinas.
Estas zonas das rías correspóndense co Anexo III establecido no Decreto polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará