As mariscadoras solicitan a axuda do concello para buscar unha solución a un problema que afecta e que está a provocar a mortandade da ameixa: a invasión de algas. A presidenta da agrupación de mariscadoras, Alicia Alvarez, explica que elas mesmas encárganse das labores de limpeza para retirar as algas acumuladas e evitar que afecten a produción, pero que precisan dun contenedor no que depositar esas algas unha vez retiradas do mar. Trasladaron xa esta petición ao concello pero a resposta foi negativa.
O colectivo, integrado por un total de 135 mariscadoras, ademais de traballar na extracción de marisco realiza labores de retirada das algas que se acumulan nos bancos marisqueiros poñendo en perigo a pervivencia da ameixa. A día de hoxe a única opción que teñen “é acumular as algas no mar baixo unha rede ata que podre”. Con todo, esa non é unha solución viable en todas as zonas motivo polo que xa trasladaron ao Concello unha petición para que dende a Concellería de Mar poñan a súa disposición un contenedor para que poidan depositar estas algas. Unha vez cheo este contedor, o departamento municipal de Medio Ambiente encargaríase da súa retirada e posterior eliminación “do mesmo xeito que actualmente se fai coas algas que se retiran das praias”. Unha petición que foi rexeitada dende o Concello motivo polo que as mariscadoras tentarán reunirse cos grupos políticos “para ver se entre todos atopamos unha solución”.